GALICIA-BRETAÑA. OLLADAS COMPARADAS

GALICIA-BRETAÑA. OLLADAS COMPARADAS

VARIOS

20,00 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Año de edición:
2020
Materia
Galicia
ISBN:
978-84-17802-20-2
Encuadernación:
Otros

Galicia e a Bretaña están marcadas, como xa viron os autores clásicos, por moitas semellanzas xeográficas e culturais. Son terras altamente romanizadas, pero con fondas pegadas celtas. Son terras de granito e con extensas orlas marítimas, de chuvias atlánticas empuxadas por «ventos mareiros», que están caracterizadas por uns trazos culturais de gran paralelismo, desde os monumentos megalíticos ata os cruceiros e calvaires, as gaitas e cornamusas, as romarías e un sentimento da terra case panteísta, alén dunha fonda relixiosidade. Por iso se considerou Galicia como unha «Bretaña española», o que, á inversa, se lle podería aplicar tamén á península bretoa, de modo que nunca houbo fronteiras que arredasen estes dous territorios, nin por terra nin por mar. Non obstante, estas semellanzas e mesmo as relacións intermitentes que desde a prehistoria se estableceron entre a península armoricana e Galicia non abondaron para superar un descoñecemento mutuo.

Co propósito de remediar esta ausencia foron pensadas as xornadas realizadas no outono de 2017, concibidas cunha perspectiva comparada e como primeiro paso para sucesivas aproximacións. Nesta publicación recóllense os relatorios daquel encontro, no que dous dos editores deste libro (Botrel e Villares) se achegan ao estado da cuestión e unha selecta nómina de investigadores e investigadoras de universidades galegas e bretoas afrontan estudos comparados no campo da historia agraria (Jarnoux e Saavedra), da política no medio rural (Cabo), do nacionalismo político (De Juana e Carney) da identidade (Núñez Seixas e Le Coadic), da xeografía (Lois e David) e da literatura (Nogueira, Rivalan, Requeixo e Lama). No campo literario, prestouse unha atención especial ao escritor Álvaro Cunqueiro, un autor que foi capaz de escribir a novela As crónicas do sochantre, de puro ambiente bretón, sen nunca estar na Bretaña, para comprobar, cando máis tarde alí viaxou, que maxín literario e realidade eran case a mesma cousa.

Artículos relacionados

  • ANACOS DA VIDA
    RIVAS VILLA, VICTOR
    A obra expresa o seu profundo agarimo e respecto cara á xente do rural, a súa vida e tradicións, cunha ollada esperanzada e positiva dende a perspectiva do pasado recente.Os seus debuxos, de liña estética sintética e clara, poñen o acento nas expresións e situacións cotiás, pero sempre fuxindo dos escenarios de “postal típica”. Acompañándoos de pequenos textos ...
    En stock

    20,00 €

  • A VIDA INCERTA
    FAJARDO, MONTSE
    A maioría da xente non sabe como se chamaba a muller de Castelao, e entre a xente que si o sabe, prevalece a idea errónea de que Virxinia Pereira Renda -que así se chamaba- non era mais ca unha señorita conservadora, relixiosa e algo superficial da Estrada. Como moito, xorde a abnegada enfermeira e compañeira do home no exilio que si era, pero hai máis. Esa imaxe deixaba ...
    En stock

    22,95 €

  • POLOS VIEIROS DO FABULADOR. CUNQUEIRO E PONTEVEDRA
    CUNQUEIRO, ÁLVARO
    Reúnese nesta obra unha selección de traballos que o autor de Merlín e familia foi sementando por variadas publicacións, e onde, unhas veces de xeito tanxencial, outras específico, fai referencia a Pontevedra cidade, á provincia e as súas vilas, tradicións, gastronomía e paisaxes. Unha escolma que permite un achegamento á identidade dun territorio rebordado de literat...
    En stock

    20,00 €

  • ANTONIO PALACIOS:UN VIAJE POR GALICIA
    IGLESIAS, XOSE RAMON / PAZ, XOSE RAMON
    En stock

    35,00 €

  • MONTE DO SEIXO: O SANTUARIO PERDIDO DOS CELTAS
    SOLLA, CARLOS
    En stock

    20,00 €

  • O VIGO QUE VIRON OS FRNACES (VIGO NA MEMORIA)
    LAMAS, JORGE
    A intención deste libro é a de achegarnos ó coñecemento de como era a vida cotiá daqueles vigueses de comezos do século XIX que viron, impotentes, a entrada triunfante das tropas napoleónicas a través da porta da Gamboa para facerse co control da vila olívica. ...
    En stock

    12,00 €

Otros libros del autor

  • MAXINA OU A FILLA ESPUREA
    VARIOS
    A edición desta obra contou co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.O texto que presentamos da novela de Marcial Valladares segue o manuscrito depositado na Real Academia Galega, a onde chegou por doazón do Centro Galego de Buenos Aires en novembro de 1970, que se reproduce na segunda para da obr...
    En stock

    25,00 €

  • UNHA NOVA XERACION DE LUMES? ACTAS COLOQUIO GAL-PORT.INCEN
    VARIOS
    Nos últimos tempos estase a constatar que os incendios forestais afectan cada vez con máis virulencia a edificacións e persoas. Esa interface urbano-forestal, que até hai pouco só illadamente era pasto das lapas, agora vese decote ameazada polos lumes, de tal xeito que a súa protección se converte no obxectivo prioritario das operacións de extinción. Así mesmo, semell...
    En stock

    15,00 €

  • IRMANDADES DA FALA NO SEU TEMPO: PERSPECTIVAS CRUZADAS
    VARIOS
    Recóllense neste volume boa parte dos contributos aos tres congresos que, co gallo do centenario da fundación das Irmandades da Fala no 1916, foron realizados polo Consello da Cultura Galega os días 6 e 7 de outubro de 2016, 18 e 19 de outubro de 2017 e 4 e 5 de outubro de 2018. En cada un deles abordáronse tres cuestións específicas. En primeiro lugar, o contexto europeo...
    En stock

    20,00 €

  • ALEGRIA QUE EMANA DESPIS DO CATIVERIO, A
    VARIOS
    VIII Obradoiro Internacional de Tradución Poética en San Simón ...
    En stock

    10,00 €

  • TES CINCO MINUTOS #1
    VARIOS
    Ao longo das sesións da Escola de Letras, que botamos a andar a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia,nas aulas, escoitouse moitas veces esa expresión de “tedes cinco minutos”, para que as e os alumnos soubesen que ese era o tempo que tiñan para desenvolver unha proposta literaria. Foi divertido e estresante. En todo caso, un pracer dinámico. Ao final non eran...
    En stock

    14,75 €

  • ATLAS DE LOS CUENTOS CLÁSICOS
    VARIOS
    Cada cuento de hadas es la historia de una búsqueda, de un camino, de un viaje. Este atlas del reino de los cuentos clásicos transforma cada cuento en un mapa sorprendente en el que adentrarnos.Cada cuento clásico, de alguna manera, trata la historia de un viaje a un mundo mágico. ¿Qué pasaría si estas increíbles aventuras se representaran como mapas? Si fuera posible...
    En stock

    16,00 €