O GRAN POEMA

O GRAN POEMA

TINO DE FÉLIZ / BERTOLO, CONSTANTINO

17,00 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
CHAN DA PÓLVORA
Año de edición:
2021
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-84-122221-0-4
Páginas:
67
Encuadernación:
Rústica

Poucos libros hai tan asombrosos na literatura galega recente como O gran poema de Tino de Féliz, nome comunal co que foi coñecido Constantino Bértolo durante súa infancia e adolescenciacia en Navia de Suarna, a vila onde neceu en 1946. Décadas despois de abandonar Galicia e de desenvolver unha longa traxectoria como crítico e editor de
audacia esculcadora, Bértolo volve a mirada cara ao pasado e reencóntrase cunha paisaxe eterna (a da súa terra natal) e cunha experiencia de amor perdida, a dun idioma do que foi arrincado.
A primeira impresión que xurde ao abrir O gran poema de Tino de Féliz é que estamos ante un libro concibido como un monte ou como un río. Un libro que sae das tripas da terra para romper a pedra e abrir o aire. Ao abeiro de Tino de Féliz está Constantino Bértolo, o home que nas décadas mediadas entre o seu alcume infantil e este asombroso libro se converteu nun dos críticos e editores con máis prestixio de Europa.
No ano 2011, Constantino Bértolo asomouse uns minutos ao outro lado da morte e cando regresou tiña o corpo ateigado de saudades e nostalxias. Volveu a mirada cara ás súas orixes e reencontrouse con Tino de Féliz, o rapaz que el fora, e co galego engastado á lingua. Aí comeza a escribir O gran poema. A tectónica básica foi a terra movéndose baixo os seus pés e a sensación de amor extraviado, de formar ou querer formar parte do destino que o río Navia metaforiza como río que nos leva e río que nos trae. A necesidade de crear e salvar ese mundo e o tempo perdido. De volver ao ser, ese río Ser que aflúe ao Navia e o fai medrar. Habería que falar por tanto –asegura o autor– de tectónica e de canle, de erosión e de permanencia. El, como lector que contempla con reserva os versos do diálogo coas intimidades, sempre arelaba a poesía “escrita” en voz alta e, de súpeto, o corpo, a voz e a presenza da morte fixérono sentir claramente que o son desa voz alta só era posible en galego. O gran poema pode lerse como respiración dun resucitado ou como un epitafio, “a única forma aceptable de autoficción”, ao seu xuízo. Estamos ante un libro portentoso, ante un acto de vontade política, de toma de partido, de recuperación do idioma como cerna comunal. Un gran poema como regreso e como inocencia, como forma laica do crer.

Tino de Féliz (nome comunal de Constantino Bértolo), naceu en Navia de Suarna en 1946. Aos nove anos marchou con a sua familia a Madrid onde estudou Filoloxía Hispánica. Durante anos exerceu como crítico literario en diversos medios de prensa. Foi director da editorial Debate entre 1991 e 2003, e da editorial Caballo de Troya desde o 2000 ata a súa xubilación no 2014. La cena de los notables, sobre lectura y crítica (2008), Lenin, el revolucionario que no sabía demasiado (2012) e Llamando a las puertas de la revolución. Textos de Karl Marx (2017) son algunhas das
súas últimas publicacións. Os seus primeiros poemas datan dos anos sesenta e algúns apareceron na lendaria Antología de la joven poesía española de 1966. Un deses poemas foi musicalizado por Agua Viva.
Tamén é autor dunha plaquette de poesía en castelán, En Resumen (2008). O gran poema é a súa primeira publicación en galego, lingua na que, confesa, está de regreso.
‘

Artículos relacionados

  • DAKOTA (PREMIO VICTORIANO TAIBO 2023)
    ALVAREZ, MASHA
    A poesía acumula puntas de frecha na terra, escava no tempo e a raíz levanta o chan. Masha Álvarez corta as fronteras políticas e familiares que, como pastores eléctricos, convidan a non pasar. E ela pasa. Existe un fondo de electricidade, unha alma que se gaña a si mesma meténdose por onde os camiños abertos son case espellismos. O poema é o acubillo das ruínas e a l...
    En stock

    11,60 €

  • DES A MAR
    ELBA PEDROSA
    Emocións intensas, reflexión e elegancia en fusión con notas musicais que viaxan nunha dimensión ultrasónica. ...
    En stock

    12,00 €

  • GACELA
    GENARO DA SILVA
    En stock

    15,00 €

  • TRÂNSITO
    ANTOM FORTES
    En stock

    15,00 €

  • SALÍFERO
    LUÍS LÓPEZ ALONSO
    En stock

    15,00 €

  • METÁFORA DA METÁFORA
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    «Metáfora da metáfora» é unha reflexión sobre a palabra literaria como forma de poder e, en última instancia, sobre o poder da palabra nunha meditación sobre o amor sancionado pola tradición literaria masculina e sobre a necesidade de inventar novos paradigmas. ...
    En stock

    12,95 €