FENDA, LOUCURA E MORTE

FENDA, LOUCURA E MORTE

BLIXEN, KAREN / PERKINS, CHARLOTE / PARDO BAZÁN, EMILIA

6,25 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
1999
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-8302-396-9
Páginas:
96
Encuadernación:
Otros
Colección:
Peto

O feito de reunir nun mesmo volume estes catro relatos (``A páxina en branco´´ de Karen Blixen; ``O papel de parede amarelo´´, de Charlotte Perkins Gilman; e ``O indulto´´ e ``O encaixe roto´´, de Emilla Pardo Bazán) non é un feito arbitrario. A pesar da distinta procedencia das escritoras, danesa, americana e española, e incluso de época, teñen unha mesma liña ideolóxica. Charlotte Perkins e Emilia Pardo Bazán escriben na segunda metade do século XIX e primeira do XX. Karen Blixen comeza a escribir tarde, no ano 1931, ao seu regreso de África. A orde, neste volume, non corresponde coa cronoloxía da creación, Senón coa significación da propia historia. Parten dun feito clave: a perda da virxindade, da pureza, considerada como valor supremo das mulleres, para seguir co matrimonio que, unha vez perdida esa integridade persoal, condena as mulleres á dependencia, ao infantilismo, á perda da confianza en si mesmas e, no peor dos casos, á morte. Nestes relatos encontramos unha crítica común a esta institución e á condición social das mulleres. Baixo esta perspectiva ideolóxica reunín e traducín estas catro historias que son catro pequenas obras mestras, cunha profunda precisión psicolóxica, que confrontan a política sexual e a problemática do matrimonio. Son magníficos documentos feministas. María Xosé Queizán.

Artículos relacionados

  • SILENCIO
    AGRA BARREIRO, AGUSTÍN
    Logo dun silencio editorial de cinco anos, volve á narrativa galega Agustín Agra con este primeiro libro en Editorial Galaxia, onde concentra o mellor do seu saber literarioUn monllo de relatos dunha delicadeza extrema centrados na natureza humana, mais tamén na natureza orgánica que nos rodea, e que vén sendo un corazón latexante idéntico ao noso. Coma un caderno de cam...
    En stock

    14,75 €

  • A VIDA SECRETA DAS VACAS
    YOUNG, ROSAMUND
    Na granxa de KiteÆs Nest, en Worcestershire, todas as vacas vagan libremente. Todas teñen nome e caracteres marcados. Coma as persoas, as vacas aman, xogan, establecen vencellos e forman amizades para toda a vida, pasan o dó, gardan rancor, teñen preferencias e poden ser vaidosas. Rosamund Young relata neste libro as súas observacións á fronte da granxa familiar durante ...
    En stock

    18,00 €

  • OS SANGUES (NOVA)
    WILHELMY, AUDREE
    Féléor Barthélémy Rü posúe unha inmensa fortuna e un desexo desmedido pola carne crúa e a brutalidade. Recréase nestes praceres xunto coas súas esposas e vítimas, que lonxe de fuxir do ogro, acoden a el por propia vontade, dispostas a deixarse levar polas máis escuras fantasías. Estas sete mulleres explican nos seus diarios quen son e por que se entregan a el. Nesta...
    En stock

    18,50 €

  • A VAGA DOS PRATIÑOS VOANTES (MORGANTE)
    SOLLA, CARLOS
    "Eu non creo nos ovnis, pero habelos hainos. O interese, mesmo a fascinación, que os ovnis espertan en moita xente é innegábel. Confeso sentirme atraído pola mitoloxía dos pratiños voantes, por ese "non sei que" de incerta verdade; tamén pola súa narrativa milenarista e orwelliana. Intuídos nun lote de esfumadas fotografías b/n, o seu feitío converteuse nunha icona d...
    En stock

    18,00 €

  • TODAS AS VIDAS
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    "Todas as vidas" recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. Son un monllo de vidas que abanean entre o marabilloso e o absurdo, vidas intensas que petan con forza á nosa beira. Un exlexionario fantasía con tempos felices sobre os areais de Melilla; un aspirante a estrela do boxeo combate sobre o ring dunha Detroit moi domést...
    En stock

    21,00 €

  • O ESCULTOR
    RAFAEL CATOIRA
    En stock

    17,90 €