DÍAS CONTADOS

DÍAS CONTADOS

CID CABIDO

12,90 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
1991
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-7507-609-6
Páginas:
160
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
Narrativa
12,90 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)

Os doce relatos que compoñen Días contados procuran diferentes olladas sobre a
realidade inmediata, maiormente urbana, de xeito que o autor imaxina compatible, coexistente, un mundo real e facilmente nomeable con outros mundos, xa menos definidos ou desdebuxadamente concretos, que se insinúan co sorriso da ironía por cebo.
Cid Cabido percorre unha cidade con rúas e bares e comercios que se chaman coma as rúas e bares e comercios de Vigo, pero que ademais representan calquera espacio urbano, calquera outro labirinto semellante onde a noite facilite a metamorfose necesaria dun contable mentres alguén se ocupa de lavar os contedores do lixo; onde os buzóns poden gardar seres vivos ou converterse na entrada secreta que conduce a outra cidade baixo a cidade; onde os trasteiros dun edificio calquera son como trampas contra a normalidade cotiá; onde a beleza inalcanzable en forma de farmacéutica se pon demasiado a tiro para ser tan simple; ou onde os periódicos anuncian grandes remedios para grandes males urbanos coma o illamento, as carencias afectivas e a soidade máis insoportable.

Unha intención parece atravesar estas doce historias: a realidade non é nin moito menos un producto acabado, pode reproducirse por abandono ou perfeccionarse ata o límite en que xa non conserva un só elemento tranquilizador. Pero a realidade merece ser sospeitada dende esa constante desviación de si mesma.

Artículos relacionados

  • COIDADORA PREMIO XERAIS 2021
    MARCO, MARÍA
    A novela «Coidadora», de María Marco, Premio Xerais 2020, descóbrenos unha nova e orixinal autora que aborda un tema de enorme actualidade: o das coidadoras. Os coidados signifícanse como a expresión máis radical da disidencia, como un acto político, revolucionario e antiprodutivista capaz de desconcertar o capitalismo. A través dun relato poliédrico, a personaxe prin...
    En stock

    17,50 €

  • O PESO DO CEREBRO
    CONSTELA, XESÚS
    En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan esas memorias traizoeiras. Na cidade barco, que languidece tras perder o lustre do seu glorioso pasado de grandes estaleiros e insignes navegantes, don Honorio, engu...
    En stock

    18,00 €

  • POLAROID
    DE TORO, SUSO
    A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rumbo narrativo. Considerado como libro aberto, «Polaroid» descubriuse como unha autén-tica máquina de fabricar significados en todas as direccións, un verdadeiro artefacto literario que aborda tanto as cuestións do tempo contemporáneo como da memoria, deitando unh...
    En stock

    17,00 €

  • O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORÁN
    SCHMITT, ERIC-EMMANUEL
    Autoría: Eric-Emmanuel SchmittTraducción: Emma Lázare RodríguezSinopsis: Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo do agarimo dos seus pais. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola perspectiva e a experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entra...
    En stock

    12,00 €

  • A TRANSFORMACION GALLEGO
    KAFKA,FRANZ
    Un día , o viaxante de comercio Gregor Samsa esperta no seu cuarto convertido nun insecto . A continuación coa súa familia e co mundo exterior resulta imposíbel e a reclusión redúcese á mínima expresión do seu propio corpo . Mentres Samsa loita por reconciliar a súa humanidade coa transformación , Kafka , con gran destreza , captura o lector n nunha rede que trata o ...
    En stock

    13,00 €

  • O LIBRO CERO
    BOVEDA, JORGE EMILIO
    En stock

    16,50 €

Otros libros del autor

  • TRES PINTORES
    CID CABIDO
    Foi precisamente na rúa Joaquín Loriga, unha das máis empinadas de Vigo, onde o catro de abril de 1985 aquel meu vello Renault 8 decidiu suicidarse da maneira máis elegante que poidades imaxinar. Así comeza Tres pintores, a obra coa que Cid Cabido volve á narrativa tras recibir o Premio Ánxel Fole, logo de nove anos de silencio. Contada en primeira persoa, cunha prosa d...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    17,30 €

  • BLÚMSDEI
    CID CABIDO
    O autor narra, en tempo real de escritura, durante once días, os acontecementos nos que participou na xornada do 31 de maio de 2005, ofrecendo un texto ininterrompido de 127 páxinas. Afastándose das convencións da narrativa de ficción clásica, empregando a adxetivación especular ou simétrica e os constantes cambios de rexistro idiomático, o autor apostando por liñas d...
    No disponible en este momento

    17,60 €

  • ORALMENTE POLA BOCA
    CID CABIDO
    Constituíndo un perfecto elo coa súa obra anterior, este libro de relatos gusta de afondar, se cabe con máis atención, nas ambigüidades, nos dobres sentidos, na percepción do real tamizada ás veces por un fino veo que difumina esa realidade ata chegar a nos preguntar onde está o límite, onde a fronteira. Mais sobre todo, prefigura moi conscientemente un lector ao que s...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    12,65 €