CANTAROLAS

CANTAROLAS

MIRANDA, ANISIA / NEIRA VILAS, XOSÉ

7,80 €
IVA incluido
Descatalogado
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
1995
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-84-7507-888-5
Páginas:
64
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
Narrativa

Os primeiros doce poemas cos que empeza o libro son da autoría de Anisia Miranda e os vinte restantes de Xosé Neira Vilas. Teñen moitos aspectos en común, especialmente o contorno en que se moven e mesmo algúns tratamentos formais.

Son poemas de estructuras moi sinxelas, relacionados directamente na súa forma coa literatura popular e cheos de ritmo e musicalidade; descritivos ás veces e intimistas outros, amosan o grande amor á terra dos autores e son quen de toca-las cordas máis sensibles dos lectores e das lectoras.

Salienta de xeito especial a constante presencia do medio natural do noso país, relacionando os seus elementos, especialmente no caso dos poemas de Neira Vilas, con asuntos de fondo contido social, como a igualdade, a liberdade, a emigración, o traballo, etc.

Discorren polos poemas do libro animais como a ra, o cabalo, os grilos, as bolboretas ou a xoaniña; e outros elementos da natureza como o río, a chuvia, o sol, o carreiro, os espantallos ou as árbores. Describense, cun léxico moi rico e preciso, intensas sensacións que son lamentablemente alleas en xeral ós rapaces e rapazas do medio máis urbano.

Artículos relacionados

  • FERROL A MINHA TERRA
    RICARDO CARVALHO CALERO
    Recolle este libro dezaoito composicións poéticas de don Ricardo Carvalho Calero escritas en diferentes tempos e lugares e con diferencias ortográficas que se respectan escrupulosamente . A selección dos poemas é responsabiliade do catedrático Xosé María Dobarro e as ilustracións son obra de Carlos Silvar . Ambos os dous , como don Ricardo , ferroláns. ...
    En stock

    12,00 €

  • ANTÍFONA DA CANTIGA
    CABANILLAS, RAMÓN
    En stock

    15,95 €

  • VOZ DO ARQUEIRO
    BLANCO CASAS, ANTON
    En stock

    13,00 €

  • TEMPO LIQUIDO
    PAULA VARELA
    En stock

    11,00 €

  • INTERNA
    MENDEZ, ORIANA
    En stock

    18,80 €

  • O TEMPO ENTRE AS MANS
    XOSE LUNA SANMARTIN
    Ler O tempo entre as mans de Xosé Luna é obrar o milagre de conseguir que escintile entre os dedos a imposible alquimia da felicidade memoriada, o recordo dun pasado idílico que traspasa o presente e que se proxecta cara ao futuro. Porque no fondal do pozo do Tempo, nas súas simas máis abisais, no alén do alén, un corazón di a súa canción e o universo párase. ...
    En stock

    13,00 €