CADERNOS GRIAL. LETRAS GALEGAS 2008

CADERNOS GRIAL. LETRAS GALEGAS 2008

A PALABRA E OS DÍAS - HOMENAXE A XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

FERNANDEZ DEL RIEGO FRANCISCO

12,40 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA, S.A.
Año de edición:
2008
Materia
Galicia
ISBN:
978-84-9865-093-8
Páginas:
92
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Grial

O Caderno Extraordinario da revista GRIAL vai dedicado esta vez á figura egrexia de Xosé María Álvarez Blázquez, a quen a Real Academia Galega dedica este ano o Día das Letras Galegas. Baixo a denominación xenérica de A PALABRA E OS DIAS, o mesmo título que leva a Exposición Homenaxe que se pode visitar ata o 25 de maio na Casa da Cultura de Vigo, patrocinada pola Consellería de Cultura e Deportes e pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo, este caderno extra de GRIAL reúne colaboracións de especialistas e unha minifotobiografía arredor da figura e a obra do poeta, investigador, crítico literario e editor. Francisco Fernández del Riego, que compartiu militancias e angueiras editoriais; Carlos L. Bernárdez, autor do estudo biográfico que Galaxia preparou para as LETRAS GALEGAS, Gonzalo Navaza, María Dolores Cabrera, Darío Xohan Cabana, Manuel Forcadela e Xosé Luis Franco Grande abordan distintas facetas da personalidade e da creación intelectual de Xosé María Álvarez Blázquez. Inclúese, a maiores, un inédito de notable interese, anotado por Gonzalo Navaza. Trátase de "A mensaxe secreta dos nomes", escrita polo autor arredor do ano 1981, en plena madureza, pero que deixou nas gabetas sen publicar. O interesado pode acceder ao texto a través destas páxinas na Rede. Trátase, en palabras de Gonzalo Navaza, "dun opúsculo inconcluso de vintetantos folios manuscritos e algunhas notas soltas" que debemos considerar unha work in progress, non exactamente unha peza rematada, pero que ofrece indubidable interese, nunha preocupación polas claves secretas dos nomes das cousas e das persoas, tal coma no seu día fixera tamén coa toponimia (os nomes da terra) e que nesta ocasión ten moito de xogo, de divertimento e de homenaxe aos seus amigos, os escritores. Dende os poetas medievais ata os seus contemporáneos, dende Pero de Ambroa e Pai Gómez Chaiño ou Martín Codas a Eduardo Blanco Amor, Castelao, Luís Amado Carballo, Celso Emilio Ferreiro ou Alexandre Bóveda, o escritor viaxa pola onomástica galega nunha aventura estética, de carácter anagramático, que deleita e emociona, ademais de sorprender. María Dolores Cabrera estuda nestas páxinas a dimensión de Xosé María Álvarez Blázquez. Darío Xohán Cabana, que durante catro anos da súa mocidade compartiu horas de traballo na Editorial Castrelos e na librería Monterrei, aborda a dimensión poética. Manuel Forcadela escribe sobre o narrador, e Xosé Luis Franco Grande evoca a súa personalidade, a súa dimensión humana e a súa curiosidade pola investigación, a historia e a memoria de nós.

Artículos relacionados

  • ILLADOS. DIARIO DA PANDEMIA
    LOPEZ SANDEZ, MARIA / GOMEZ MU¥IZ, MIGU
    A primavera de 2020 mudou para sempre as nosas vidas e deixará, sen dúbida, fondas pegadas na memoria da nosa xeraciónA cámara de Miguel Muñiz condensa, en imaxes, moitas das emocións experimentadas ao longo destes días que transcorreron baixo a sombra da pandemia: o baleiro das rúas, os ollos asustados, a épica da loita, as historias de camioneiros en tránsito e circ...
    En stock

    22,00 €

  • DA EMIGRACION. NOTAS D'UN GALEGO (EDIC.FACSIMILAR)
    PAZ MIGUEZ, ANTON
    En stock

    15,00 €

  • RIBEIRA SACRA EN ACUARELAS
    EDUARDO BAAMONDE
    Eduardo Baamonde hace un recorrido en acuarelas por las zonas de Lugo y Ourense integradas en la Ribeira Sacra, registrando sus singulares edificios románicos, sus villas y barrios, el mundo del vino, su rico paisaje y su artesanía . Junto a algunos de los ejemplos de arquitectura más emblemáticos, conviven otros rincones menos conocidos pero que ayudan a retratar la idiosi...
    En stock

    17,00 €

  • A PRESENZA DO APÓSTOLO SANTIAGO EN COMPOSTELA
    NOGUEIRA SANTIAGO,PAULO
    Por primeira vez,tras un estudo preliminar, reúnense integramente, nunha mesma obra, os argumentos do abade francés Duchesne e do coéngo santiagués López Ferreiro sobre a presenza do apóstolo Santiago o Maior en Compostela. En definitiva, a tradución completa destes dous traballos en lingua galega, nunha soa obra, con tódolos argumentos histórico-críticos do abade Duc...
    En stock

    15,00 €

  • MURGUIA 39 (XANEIRO-XUÑO 2019)
    En stock

    13,00 €

  • GALIZA, UM POVO SENTIMENTAL?
    HELENA MIGUÉLEZ-CARBALLEIRA
    A palavra " naçao " nunca esteve muito longe duma referˆncia aos sentimentos . Em relaçao à Galiza , desde o século XIX até hoje , a conjunçao entre o nacional e o sentimental tem tido particular importƒncia histórica . Para além da definiçao de naçao enquanto comunidade unida em grande medida por um vínculo emocional ou da pertença nacional enquanto vigorsa exper...
    En stock

    18,00 €