AS MELLORES INTENCIÓNS

AS MELLORES INTENCIÓNS

PAZ, BEGOÑA

17,60 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2008
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9782-729-4
Páginas:
120
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

As vidas de Gabriel e Lis encóntranse en Aldara, a cativa a quen el quere salvar, a quen ela só sabe odiar. Amor e odio, verdade e mentira son os alicerces duns personaxes que se debaten entre a decepción pola vida que lles tocou en sorte e a esperanza de que, por unha vez, todo poida ira a mellor.
As mellores intencións é unha historia de amores obsesivos, os que senten Gabriel por Aldara, a cativa pola súa nai, Lis polo "miñoca". Un conto cruel cunha rapariga enfeitizada, unha cinsenta ferida e ferinte e un narrador que agocha, baixo a máscara da pasividade, unha cerna escura e implacable.

Artículos relacionados

  • UNHA RAPAZA DE PROVINCIAS
    F. SANTOMÉ, CECILIA
    1979. Carrexando unha maleta cargada de entusiasmo, Carmen chega a unha Barcelona vibrante, moderna e chea de contrastes para pasar o verán. Coa súa irmá Pilar e o seu cuñado Gabino como guías, descubrirá os paseos polas Ramblas, os almorzos no ultramarinos do barrio, as expedicións ao SEPU, as tardes dos sábados no parque. Dunha punta a outra da cidade, daranlle a coñ...
    En stock

    16,00 €

  • O CERVO E A SOMBRA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Mateo tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en débeda. Ao mesmo tempo, mentres se esforza en superar a morte dos seus pais nun accidente de tráfico, ocúpase de atender a Eulalia, unha mestra xubilada que xa non pode levarlle flores ao seu irmán morto. ...
    En stock

    17,60 €

  • O QUE ME TOCOU VIVIR
    XOSÉ ALVITE LEMA
    O que me tocou vivir é unha mestura de narrativa e poesía , na que o autor nos conta , en primeira persoa , a súa infancia , adolescencia.... Fálanos das súas dificultades ,do seu amor , do desamor , das súas ilusións , dos seus desexos ... Todo regado con aqueles poemas que escribiu naquel tempo , no que soñaba con ser poeta, ser cantautor . É pois un baúl cheo de so...
    En stock

    15,00 €

  • BAIXO AS ALAS DE ABRIL
    FERNÁNDEZ LEICEGA, XOAQUÍN
    Febreiro de 1989. Tras o atentado contra un cuartel da Garda Civil, o comisario Miguel Santos, coñecido por afastarse dos métodos empregados pola anterior policía franquista, ocúpase da investigación. A detención do grupo independentista autor do feito é obxectivo prioritario do goberno español. Ás implicacións políticas para a democracia axiña se han engadir as con...
    En stock

    23,40 €

  • O PERFUME
    SÜSKIND, PATRICK
    Jean-Baptiste Grenouille naceu seis anos antes da Revolución Francesa no barrio máis fedorento de París. Dende a súa nacenza ten unha extravagante cualidade: non desprende olor ningún, polo que lle atribúen a presenza dalgún demo. Tamén posúe un don excepcional: un olfacto prodixioso que lle permite percibir todos os aromas do mundo. ...
    En stock

    18,00 €

  • (G).GALICIA VISTA POR UN INGLES
    BELL, AUBREY F.G.
    TRADUCIÓN DO INGLÉS DE XOSÉ MARÍA GÓMEZ CLEMENTENesta crónica viaxeira pola Galicia da década de 1920, Bell pretende “dar unha idea sobre o engado e interese dun país aínda pouco coñecido polos viaxeiros”.“A arquitectura, a escultura, a lingua, a literatura, a botánica, a arqueoloxía e a etnoloxía desta fermosa rexión chaman fortemente polo especialista que, en...
    En stock

    17,00 €