AS HORAS DE HANNA

AS HORAS DE HANNA

PURA TEJELO

12,00 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
URUTAU
Materia
Poesía en galego
ISBN:
978-85-7105-152-2
Encuadernación:
Rústica

As horas de Hanna, segundo poemario de Pura Tejelo, son as do libro de horas ( á maneira dos tan fermosos manuscritos miniados dos séculos XV e XVI ) que regula e codifica a súa relación coa divindade, submetendo a espiritualidade do individuo ao dogma, aínda que a simples posibilidade dun diálogo a sós conteña xa un xerme de liberdade acorde coas mudanzas do Renacimento. Horasque a conforman tamén como parte dunha natureza obediente ao inmutábel ciclo das estacións. Da man de voces poéticas diversas asistimos ao proceso de maduración de Hanna, da primavera da vida ao seu esplendor e ao inverno. Nostalxia da comuñón do ser humano cos demais seres vivos desde un presente no que a constatamos irremediabelmente perdida. As horas de Hanna son, igualmente, o tempo dunha vida prisioneira dunha orde social que se quere inmutábel como a da natureza e que mantén na opresión as mulleres e os servos. Mais As horas son, sobre todo, a hora: a do cuestionamento, a conciencia e a revolta. Os servos álzanse contra o poder, como na Galiza dos Irmandiños; algunhas mulleres ousan xa saír do rego, alterar os ciclos que as manteñen na opresión. Neste contexto a revolución de Hanna é a do direito ao saber, mais tamén a do carpe diem, a reinvidicación do desexo no máis amplo sentido e a dunha existencia en scorzo, isto é, aberta a todas as posibilidades e potencialidades, como na cita inicial de Virginia Woolf. Se en Na brétema, Santiago outorga Luís Seoane o protagonismo aos labregos e aos excluídos, aos que fican sempre na marxe do códex, Pura Tejelo denuncia nesta obra a frecuencia con que Literatura e Arte ocultan, embelecen, estetizan. Requintamento de poucos alicerzado na dor e na miseria dos máis; divinización e sublimación da Muller para manter no seu cárcere as mulleres.

Pilar Pallarés

Artículos relacionados

  • XANA IRIARTE (AMALIA)
    JOSÉ ESTÉVEZ LÓPEZ
    En stock

    13,00 €

  • CARTAS DE CONXO
    XURXO ALONSO
    Dúas irmás, as Távora, envían cartas contando o que está a suceder ao seu redor nos primeiros días da Guerra Civil. Un destes escritos é interceptado pola Garda Civil e elas acaban ingresadas no Manicomio de Conxo, en Compostela. A partir de aquí Xurxo Alonso tece unha historia, en verso, que podería ter acontecido en calquera lugar de Galcia. ...
    En stock

    16,50 €

  • OS EOAS
    PONDAL, EDUARDO
    Nunca publicados en vida do seu autor, Os Eoas –cuxa versión derradeira data de 1913-1914– veñen conformar o gran proxecto épico concibido por Eduardo Pondal. A figura de Cristovo Colón –a quen o autor bergantiñán, segundo as teses de García de la Riega e Constantino Horta, presenta como galego de nación– e mais a descuberta de América constitúen, daquela, o eixe ...
    En stock

    19,50 €

  • O ÚNICO E VERDADEIRO DEUS DAS COUSAS QUE ESTÁN FEITAS UN CRSITO
    L. PARÍS, SAMUEL
    En stock

    15,00 €

  • A TETA SOBRE O SOL
    NOVO, OLGA
    Desde todos os confíns da terra e dos tempos se sabe onde residen a beleza e a verdade, aínda que todo se cale e todo se tema porque a paixón se controla furiosamente baixo o disfrace do decoro, baixo a presión da conveniencia, baixo as sete chaves do inferno da mentira e do desamor. Por iso onde escribamos lugar entenderán patria e onde digamos desexo entenderán provocac...
    En stock

    12,95 €

  • MÉDICA DE GARDA
    BEGOÑA GRAÑA
    "As páxinas que seguen servirán para manter ó lector, coma o título Médica de Garda indica, en garda, presentes no recordo para non repetir tanto os erros coma os sentimentos dos sanitarios que estiveron preto dos doentes naquelas datas. Nestas páxinas están, a carón das angustias, as dúbidas, os medos, a frustración, o sufrimentos e a morte..., a beleza que só conse...
    En stock

    11,90 €