AO PÉ DO XIGANTE

AO PÉ DO XIGANTE

LUO, GWENDOLYN

18,00 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
BAÍA EDICIÓNS
Año de edición:
2008
Materia
Galicia
ISBN:
978-84-96893-44-3
Páginas:
128
Encuadernación:
Otros
Colección:
GALICIA.TERRA MAR E XENTES

Moreniña por te ver

Pasei o mar da Marola

A piques de me perder.

Velaí a apoteose do cancioneiro tradicional coruñés. Tríade céltica -como diría don Manuel Murguía- na forma. E unha mensaxe definitiva no fondo: Cómpre arriscalo todo para procurar a beleza.

A Coruña, luz e vento, unha pedra chantada no Atlántico. E a Torre, ese xigante, entre as Mariñas e a Costa da Morte, facho acendido para abrir camiños no Océano, ou -o que é o mesmo- para abrir camiños entre todos os misterios.

Ruído, fume, cemento... a pátina urbana tolda ás veces a percepción dos habitantes desta cidade, e non nos permite sentir as magnitudes cósmicas -pedra, mar, luz e vento- entre as que armamos a nosa vida.

Afortunadamente chegou Gwendolyn, unha nova ética na mirada, para nos dar perspectiva.

Vén de Oriente de Lonxe, vén de Taiwán, a illa Formosa como lle dixeron os portugueses. E quizá por iso, porque chegou literalmente do outro lado do mundo, sintonizou directamente con ese misterio de luz que se chama A Coruña. Milagre da realidade, tal e como o formulou a poeta Luísa Villalta no seu libro En Concreto:

O meu nome é o da Cidade Alta

Nacido onde a luz e o mar

Se están orixinando mutuamente

A Coruña, nau enfeitizada -dixo Devesa Monterroso-, mar da serpe, luz, pedra, auga, vento, e nós dentro. Aquí, en concreto, onde xermola a cada instante a marabilla. Milagre do cotián que estoupa nos beizos cada vez que pronunciamos a palabra máxica: Orzán!

Embarquemos pois neste libro-manifesto. Contra o frío desacougo do cemento, a mirada de Gwendolyn Luo. Destino: beleza, a mellor travesía de futuro para esta cidade barco que se chama A Coruña.

Ai! Moreniña por te ver...

Xurxo Souto

A Coruña, xuño 2008

Artículos relacionados

Otros libros del autor

  • TERRA E NOSTALXIA
    LUO, GWENDOLYN
    Velaquí temos entre as mans, nos tempos da imaxe, o que quere ser un receitario para recoñecernos no noso propio e infindo escenario. Territorio da "Galiza santa de romeiros e xoglares..." que cantou Cabanillas. Por moito que non se queira, parte nosa, a que, a pesares dos medos e das negacións, gardou as esencias da identidade e co esforzo do traballo ou da emigración, res...
    En stock

    10,00 €

  • MILAGRE DA TERRA
    LUO, GWENDOLYN
    A obra que tes entre as mans mostra, baixo títulos suxestivos, espectaculares imaxes acompañadas dun breve texto que, dunha forma curiosamente orixinal, proporciona algún dato do que aparece en cada fotografía. Considerando o número de especies fotografadas, así como a súa diversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diante dun pequeno tratado de botán...
    En stock

    10,00 €

  • ENTRE O CEO E O MAR
    LUO, GWENDOLYN
    Co ceo de eterna testemuña, a terra únese co mar ao longo de incontables quilómetros de costa en Galicia. A preciosista visión de Gwendolyn Luo busca a beleza detallista na vida cotiá do mar, dos mariñeiros e das xentes da beiramar, que viven todos os días a dureza e os agasallos desta terra-mar. Un exercicio de revelado e de rebelión contra todo o que de indiferente re...
    En stock

    10,00 €

  • ANANIÑOS DO BOSQUE
    LUO, GWENDOLYN
    O mundo dos cogomelos é un capricho natural. Admirando as fotos da taiwanesa Gwendolyn Luo semella doado sacarlle tanto rendemento visual ás marabillas micolóxicas que os galegos tan pouco tendemos a xantar. Pequenos miragres que nos van contando a súa propia vida, a súa dura existencia para sobrevivir, con verbas e con imaxes, e que a autora asiática sabe buscar, enfocar...
    En stock

    18,00 €