AMANCIO AMIGO E O MEIGO DE SALAMANCA

AMANCIO AMIGO E O MEIGO DE SALAMANCA

MIRANDA, XOSÉ

11,55 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2006
Materia
Infantil, juvenil y didáctico
ISBN:
978-84-9782-484-2
Páginas:
128
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
AMANCIO AMIGO

Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarão visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que lles ofrecen e a partir dese momento deciden estudar para meigos nas covas de Salamanca. Para non verse obrigado a ficar como criado dos demos, o noso amigo ten que se enfrontar co terrible Meigo de Salamanca e cos seus axudantes, o profesor de informática Faustino Prósper, a Man Peluda, o robot diabólico e o Mestre Lionardo, un macho cabrún que sabe transformarse e botar o mal de ollo. Amancio ten que superar probas imposibles e para fuxir transfórmase nunha moto. Pero o terrible meigo convértese en motorista...
Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca é a primeira entrega da serie de novelas de maxia, escritas por Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao, protagonizadas por Amancio Amigo. Este destemido estudante de maxia será capaz de desaparecer e transformarse en obxectos e animais, vive apaixonantes aventuras, onde na liña da mellor literatura fantástica non falta o amor, nin a lealtade nin a necesidade de superar as máis arriscadas probas. Proximamente aparecerá o segundo volume da serie titulado: Amancio Amigo e o demo da botella. Unha serie dirixida a lectores de once anos en diante.

Artículos relacionados

  • PACK DE RASI OLIMPIADAS
    ORO PRADERA, BEGON~A
    Un pack con dos títulos de La pandilla de la ardilla: "Las olimpiadas de Rasi" y "Rasi en la playa", y además, un muñeco de Rasi (disfrazada de atleta olímpica), la mascota que siempre acompaña a la pandilla en todas sus aventuras. ...
    En stock

    16,95 €

  • UNHA ESTRELA PARA AMINA
    DÍAZ NÚÑEZ, CELIA
    En stock

    10,50 €

  • ESCA
    ANTONIO PIÑEIRO
    O Grove , 1929 . A tempada de verán toca ao seu fin . Un grupo de rapaces asiste a un suceso que alterou o descanso dos ricos veraneantes na vila . Un achado e unha rebuldaina veñen da parte do Gran Hotel da Toxa . Don Sadurní , rendeiro e investidos catalán , observa canda eles o acontecer . A tarde e o rutineiro lecer do balneario van entrando nunha espiral de tensión , ...
    En stock

    12,00 €

  • PRIMERAS PEGATINAS MUNDOS MAGICO
    VV. AA.
    En stock

    4,95 €

  • GRANJA PEQUEÑA, LA
    SALLY JOHNSON
    En breve (el pedido puede demorarse)

    2,95 €

  • SELVA PEQUEÑA, LA
    SALLY JOHNSON
    En breve (el pedido puede demorarse)

    2,95 €

Otros libros del autor

  • AMANCIO AMIGO E O DEMO DA BOTELLA
    MIRANDA, XOSÉ
    A protagonista desta novela, Sabela, unha nena do Courel, é irmá da moza e amiga da irmá do meigo Amancio Amigo. Un día, por accidente, librera un demiño que o meigo ten pechado nunha botella. Para compensalo, ela e a súa amiga Loreto chocan un ovo caído do ceo, do que sae un novo demiño, ao que lle poñen por nome Anduriño. Pero Anduriño escapa tamén e, mentres tod...
    En stock

    11,35 €

  • LÚA E OS NUBEIROS
    MIRANDA, XOSÉ
    Xosé Miranda naceu en Lugo, estudou Bioloxía e é profesor de ensino medio na súa cidade natal. Á parte das leis biolóxicas sempre lle gustou tamén a literatura e, de feito, xa leva máis de dez anos adicándose a escribir: novelas, relatos, poemas, e mesmo dicionarios! Algo que lle interesa especialmente son as historias fantásticas de cousas marabillosas e a presenza d...
    En stock

    9,80 €

  • MORNING STAR
    MIRANDA, XOSÉ
    Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que t...
    En stock

    17,30 €

  • AMANCIO AMIGO Y EL BRUJO DE SALAMANCA
    MIRANDA, XOSÉ
    Primera entrega de una serie de novelas fantásticas protagonizadas por Amancio Amigo. Este estudiante de magia será capaz de desaparecer y transformarse en objetos y animales, vive apasionantes aventuras, y junto a la mejor literatura fantástica no falta el amor, la lealtad ni la necesidad de superar las más difíciles pruebas. ...
    No disponible en este momento

    7,00 €

  • VESTIO
    MIRANDA, XOSÉ
    A doutora Eva García, destinada no remoto lugar de Viana das Veigas, atópase cun cadáver sen rostro e coas mans esmagadas. Xunto ao cadáver aparecen unha carta e un diario. Lendo o diario a doutora vai descubrir as claves de estraños comportamentos e estraños acontecementos que non só se refiren aos habitantes da vila, senón a ela mesma, ao seu marido e á súa filla de...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    12,30 €

  • AS MANS DO MEDO
    MIRANDA, XOSÉ
    Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar compulsivamente en cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidade e foi quedando abraiado pola súa torpeza cando cavaba un foso no ...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    12,15 €