Ola, papá dixo Bernardo.
Agora non, Bernardo dixo seu pai.
Ola, mamá dixo Bernardo.
Agora non, Bernardo dixo súa nai.
Hai un monstro no xardín e vaime comer dixo Bernardo
Este clásico de 1980 é unha inquietante e divertida historia
para primeiros lectores, e á vez un toque de atención aos adultos, tan ocupados nas súas cousas que non atenden abondo
as necesidades -xa non materiais, senón afectivas- dos cativos.
Malia que Bernardo avisa os seus pais de que hai un monstro
a piques de papalo, ningún lle fai caso. No cume do absurdo,
o monstro chega a ocupar o lugar do neno no fogar, sen que ninguén
máis da familia se decate e persistan en ignoralo, como facían
co rapaz.