A VENUS DE CRISTAL

A VENUS DE CRISTAL

SUÁREZ, CHELO

19,50 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2008
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9782-694-5
Páginas:
144
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
19,50 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)

Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adiviñatorios aprendidos no Exipto. Todo o que rodea a figura de Pietro é un gran misterio: vive nun dos illotes de Venecia e habita un suntuoso palacio ao que case ninguén accedeu nunca; agocha a súa face baixo unha máscara carnavalesca; goza do respecto da alta nobreza e da protección do Dogo; ninguén sabe a súa idade e moitos pensan que é o mesmo demo. Pietro Puliani dedica a súa vida á busca da beleza e da inmortalidade femininas. Para dar con elas, frecuenta todos os bordeis da cidade na procura da rapaza que agoche no seu interior unha alma inmortal e bela.
Cunha prosa elaborada, que recrea ambientes preciosistas e ás veces oníricos, A venus de cristal, a novela coa que Chelo Suárez Muíños debuta na colección Xerais Narrativa, retrata con precisión descricións de escenas e lugares marabillosos e personaxes entre fantásticos e grotescos daquela Venecia do século XV, conducindo ao lector cun ritmo áxil polas súas páxinas.

Artículos relacionados

  • O GRANDE HOTEL BABYLON
    BENNETT, ARNOLD
    Todo transcorre con elegante normalidade no Grande Hotel Babylon -o mellor establecemento da súa categoría en Londres- até que Theodore Racksole, un potentado americano de visita na cidade, e mais a súa filla se empeñan en pedir un bisté e unha cervexa para cear. O que parece un capricho insignificante desencadeará unha serie de curiosas peripecias nas que nada é o que ...
    En stock

    14,00 €

  • A MONTAÑA DO POETA
    REXES, LIONEL
    É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando ...
    En stock

    17,50 €

  • ESTRANXEIRAS
    P.G. GRANXEIRO, CARMEN
    A condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présas e levando consigo pouco máis que o portátil e unhas mudas. A menos de dous quilómetros, noutro punto da aldea, Maruxa recibe a súa neta Mara e a crianza desta que, coa intención de pasar o verán na casa familiar, descarg...
    En stock

    17,50 €

  • APRENDER A FALAR COAS PLANTAS
    ORRIOLS, MARTA
    Esta historia comeza o día que Paula Cid, unha neonatóloga de corenta e dous anos, perde a parella nun accidente de tráfico, só unhas horas despois de que el lle comunicara que estaba namorado doutra muller e ía marchar da casa. Paula non só terá que superar o dó, senón tamén o rancor. Aprender a falar coas plantas foi a primeira novela de Marta Orriols, coa que deco...
    En stock

    19,95 €

  • CAROL
    HIGHSMITH, PATRICIA
    Un encontro fortuíto entre dúas mulleres solitarias conduce a un apaixonado romance neste clásico de culto. Therese, unha xove e frustrada dependenta, e Carol, un ama de casa no medio dun amargo divorcio, abandonan os seus opresivas rutinas pola liberdade da estrada, onde o seu amor pode florecer. Pero a súa felicidade faise cachizas cando Carol vese obrigada a elixir entre...
    En stock

    18,00 €

  • STONER
    WILLIAMS, JOHN
    En stock

    21,00 €

Otros libros del autor

  • A NEVE E O LUME
    SUÁREZ, CHELO
    A neve e o lume representa unha achega á literatura galega da narrativa gótica, á vez que unha sentida homenaxe á poetisa arxentina Alejandra Pizamik, da que se recuperan diversos poemas que serven de motivo introdutorio a cada un dos capítulos da novela. Negraneve, a protagonista da historia, ten que superar a protección da Cociñeira e do Leñador, os seus pais, ante a...
    No disponible en este momento

    12,50 €

  • OS MILAGRES DE CRISTAMAR
    SUÁREZ, CHELO
    Os milagres de Cristamar, cunha escrita que te enreda e te secuestra, que non te deixa e te reconcilia coa literatura, é a novela gañadora da IV edición do premio Narrativas Quentes. Nesta novela, ambientada canda o famoso terremoto de Lisboa, e tan inten ...
    No disponible en este momento

    12,00 €