A VELOCIDADE DO FRÍO

A VELOCIDADE DO FRÍO

SEIXAS, MANUEL

16,95 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
1996
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-8302-068-5
Páginas:
296
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
Narrativa
16,95 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)

A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se van facendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío.
Esta novela foi escrita sen filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historia singular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesos nas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accións e reflexións dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estilo previsible ou supostamente correcto e decoroso. Aquí vaise ó directo sen miramentos. Aquí nárrase unha historia, que impregna a mente do lector con imaxes ben definidas, aínda que, por suposto, abertas á recreación personalizada.
En A velocidade do frío hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os únicos que non sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta e insolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ás aparencias e na falta total de sentimentos.

Artículos relacionados

  • O LUGAR ONDE VOU
    ARAGUAS, VICENTE
    Ten O lugar onde vou, libro de relatos de Vicente Araguas, a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que improbable. Desta maneira, fala de medo, e de bares onde, ao non pasar nada, pasa de todo, de casas grandes que ven, sen poder facer nada, como as mulleres se descolgan dos cadros, de parellas dispares en idade que falan de raíñas co...
    En stock

    16,70 €

  • A AGONÍA DAS FOLERPAS (II PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2022)
    REBOIRAS LOUREIRO, ÓSCAR
    A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas. Unha noviña xornalista chega por casualidade ao lugar. O que en principio é un achado arqueolóxico...
    En stock

    22,40 €

  • ALGORITMOS
    QUEIPO, XAVIER
    Nestes Algoritmos non hai trama, senón unha variada galería de personaxes, lecturas e rememoracións, máis ben pretendidas intimidades intelectuais. Non son un dietarios, nin tan sequera unha compilación, senón unha secuencia de ideas acoutadas entre 2011 e 2018. Felizmente inclasificábeis, como tantos outros textos de Xavier Queipo, estes algoritmos reflicten dalgún xei...
    En stock

    17,00 €

  • DIARIO DE MOSCOVA
    WALTER BENJAMIN
    Diario de Moscova narra a estancia de Walter Benjamin nesta cidade entre decembro de 1926 e febreiro de 1927, onde pretendía ser testemuña directa da realidade comunista e decidir sobre a súa unión ao Partido Comunista alemán, á vez que retomar a relación sentimental coa actriz Asia Lacis, daquela enferma e unida ao amigo de Benjamin, o dramaturgo Bernhard Reich. Conside...
    En stock

    17,50 €

  • A CIDADE DOS CÉSARES
    F. FREIXANES, VÍCTOR
    Velaquí un dos grandes textos da literatura galega contemporánea. Entre 1776 e 1783 arredor de cincocentas familias de Galicia, Asturias e a Maragatería embarcaron na cidade da Coruña para ir poboar terras ao sur da provincia de Buenos Aires, o que os historiadores coñecen como a Expedición das Familias. Alí crearon varios asentamentos, dos que unicamente sobrevive Nosa ...
    En stock

    23,00 €

  • OS CONTOS DO AVÓ
    JUSTO CALVIÑO CRUZ
    Os contos do avó relátannos as vivencias, anécdotas e ficcións dun nonaxenario, aínda cheo de dinamismo, lucidez, sabedoría e lembranzas, que lles transmite aos seus tres netos estes relatos como parte do seu legado inmaterial. Polo texto, transcorren episodios da vida de certos personaxes reais coma os maquis, pegureiros, o rei García, unha Carme Martin Gaite adolescent...
    En stock

    15,00 €

Otros libros del autor

  • TREVO. TRIOLOXIA DO OUTONO
    SEIXAS, MANUEL
    Trevo é unha triloxía poética de vida,morte e ausencia concentradas. Unha ollada íntima, sutil e crúa na procura do sentido desta existencia inexplicable. Un berro, unha bágoa, un triste sorriso mergullados entre a rabia, impotencia, perda e maxia que os humanos levamos ás costas. ...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    16,00 €

  • INTERFERENCIAS
    SEIXAS, MANUEL
    Ela, María, traballa como fisioterapeuta na residencia Miguel Hernández, un centro privado de persoas maiores. Preparada para rehabilitar outros corpos, cansos e mallados, espíritos esgotados polo paso do tempo, ela permanece soa, tamén por dentro, onde doe, onde as viaxes son tan longas, tan pesadas e interminábeis. El, Xosé, profesor de Historia nun centro de ensino sec...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    18,50 €

  • VESTIXIOS DO VERME
    SEIXAS, MANUEL
    O verme sabe de pequenas mazás. Pequenas migallas que seres grandes ignoran ou desprezan. Cospe, berra, sangra, chora, suplica... Ás veces morre. Morte de verme. Todos os vermes morren un pouco en cada palabra, e soñan con deixar un vestixio onde antes só ...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    6,00 €

  • BAILARINA
    SEIXAS, MANUEL
    Bailarina desenvolve a súa acción no século XXII, no Ano Terrestre 2120. Manuel Seixas crea un Universo de cores e emocións, ateigado de realidade virtual e submisión fronte ó establecido, no que, paradoxicamente aínda existen pequenas estrelas raras. Estrelas que brillan intensas nesta Bailarina, peculiar novela de ciencia ficción inzada de paixón e intriga, na que os...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    18,50 €