A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO

A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO

CABADA CASTRO, MANUEL

20,00 €
IVA incluido
En breve
Editorial:
IR INDO EDICIONS, S.A.
Año de edición:
2021
Materia
Galicia
ISBN:
978-84-7680-761-3
Encuadernación:
Otros

A rapa das besta de Sabucedo é un evento que se celebra en Sabucedo (A Estrada) durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. En 2007 foi declarada festa de interese turístico internacional. Xa a principios do século XVIII se teñen noticias da primeira celebración festiva da baixa das bestas do monte, a súa posterior rapa e o marcado dos poldros novos. Aínda así crese, e algúns estudosos como Manuel Cabada recollérono nos seus libros, que a tradición é moito máis antiga e incluso podería ser prerromana posto que se atoparon diversos petróglifos na zona, onde se representan a homes sobre cabalos. Antigamente o curro estaba a carón da igrexa parroquial, pero a finais do século XX mudouse a unha zona despoboada cara ao norte da aldea. En 2010 había máis de 600 cabalos -chamadas bestas as femias e garañóns os machos-, divididos en 14 mandas, que viven ceibos nunha extensión de máis de 200 km² de monte. Esta celebración consiste, coma noutros curros, en recoller os cabalos do monte, metelos ao curro, rapalos e marcalos na actualidade con microchips. O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a máis importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os "aloitadores", que son os que se encargan de suxeitar a besta ou garañón namentres se procede á rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar o seu labor. Outra especificidade da rapa das Bestas de Sabucedo e que a "Baixa" ou actividade de xunta e condución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galiza e de fora do país. O sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lourenzo (patrón de Sabucedo) para que non aconteza ningún accidente ou desgraza durante a festa. A rapa é realizada polos aloitadores. O acto da Rapa é asemade segundo o estudoso Manuel Cabada Castro, unha iniciación simbólica do paso do neno á mocidade, ao agarrar por primeira vez un poldro guiado e dirixido polos maiores.

Artículos relacionados

  • A PARROQUIA DE ABANQUEIRO NOS SEUS LIBROS DE REXISTROS
    SUÁREZ LIJÓ,JUAN NEPOMUCENO
    Este estudo analiza o comportamento e vida dos veciños de San Cristovo ó longo dos séculos que abranguen a Idade Moderna, aínda que, tamén veremos como o XIX será, nalgúns aspectos, continuación dos anteriores, e noutros, un punto á parte que abrirá novas frontes interpretativas.O Antigo Réxime non se entende sen a Igrexa, xa que todo xira ó seu redor, sobre todo, n...
    En stock

    18,00 €

  • LUZES Nº 119
    PEREIRO, X.M. / RIVAS, MANUEL
    4-8 días
  • O NACIONALISMO GALEGO NA DÉCADA DOS 70
    SUSO SEIXO / UXÍO BREOGÁN DIÉGUEZ
    Cando decidimos desde a Fundación Moncho Reboiras (FMR) e a Confederación Intersindical Galega (GIG) editar este libro que tes nas mans, fixémolo co firme convencemento de que era necesario e obxectivo pór en valor o enorme traballo de teorización e outoorganización ao que deu lugar o nacionalismo galego desdse a segunda metade da década dos anos 60 do pasado século e q...
    En stock

    12,00 €

  • PALABRAS PARA O NOSO TEMPO
    ALONSO MONTERO,XESÚS
    Este volumen es quizás una de las obras más singulares de la fértil producción literaria de Xesús Alonso Montero. Palabras para o noso tempo reúne una mínima pero brillanteselección de sus discursos, manteniendo en la transcripción del texto el espírito fiel de su oratoria original. Un trabajo que partió de muchas horas de grabación y transcripción a cargo de Carme...
    En stock

    23,50 €

  • CASTELAO É NOSO
    MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS
    Este breve ensaio reúne os escritos que Xosé Luís Méndez Ferrín dedicou á figura política de Castelao dentro da súa coñecida serie de artigos «No Fondo dos Espellos» (publicada no Faro de Vigo entre 2007 e 2020). En total, trece textos aparecidos entre 2014 e 2019. Entre eles, a serie completa (en sete entregas) dos que titulou como «Castelao é noso», recollendo a...
    En stock

    13,90 €

  • CIUDAD DE LA SELVA
    En stock

    25,00 €

Otros libros del autor