Non hai moitos anos García Márquez dixo que `A praza do Diamante´ era a máis fermosa novela que se publicou en España despois da Guerra Civil. Tal afirmación implica unicamente o recoñecemento ao valor dunha obra literaria espectacular. `A praza do Diamante´ é unha novela de amor, a historia dos que non teñen noción da Historia, é moitas máis cousas, e todas cubertas por ese personaxe que tan ben coñecemos, a Colometa. A inocencia feita arte. Na opinión de moitos, unha gran novela.