A GALERA DE XELMÍREZ

A GALERA DE XELMÍREZ

PAZ, XABIER

17,40 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2015
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9914-882-3
Páginas:
160
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa
17,40 €
IVA incluido
En breve (el pedido puede demorarse)

Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan. O que non saben é que esa viaxe os vai transformar radicalmente. Deixado o amparo da rutina, o Mundo, o Demo e a Carne asexan os viaxeiros cos seus galanos. A viaxe, nas súas novidades e encontros, suporá unha vía de autocoñecemento de consecuencias tráxicas.
Fuxón vai ser o máis afectado. O lado escuro da propia sexualidade e o descubrimento de certas propiedades dalgunhas plantas provocarán nel unha fascinación irreparable. Co decorrer das xornadas mudarán as relacións entre Fuxón e Stefano, que deixarán de ser quen eran. A galera, sombra esvaecida na conciencia de Fuxón, tornará en grave obriga para Stefano.
Co pano de fondo da loita polo poder relixioso e político, os tres viaxeiros apenas gustarán de canto lles ofrece o camiño: a presenza islámica, as novidades litúrxicas, as vilas rebuldeiras, as feiras..., para eles todo semella espectáculo antes que realidade. Tan só Francesco, coa súa inocencia, será quen de evitar os perigos nos que naufragan os seus compañeiros e conseguirá adaptarse no novo país.
Escrita cun estilo coidado que fai desta novela unha magnífica peza literaria, Xabier Paz retorna para ofrecerlles aos seus lectores e lectoras a mellor narrativa.

Artículos relacionados

  • OS COMEDORES DE PATACAS
    RIVAS, MANUEL
    Con «Os comedores de patacas» Xerais reedita un dos libros máis emotivos e lidos de Manuel Rivas. O protagonista da novela é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Rivas, móvese a cabalo entre dous espazos, entre dúas culturas, a urbana e...
    En stock

    17,60 €

  • TRÁVELIN
    PIÑEIRO, ANTONIO
    Santiago de Compostela, en pleno apoxeo da movida dos oitenta, vibra na noite do xoves. Centos de estudantes universitarios móvense polas rúas do ensanche. Unha nova no Telexornal dá conta dun achado nun vehículo abandonado entre as silveiras da periferia. A cámara de televisión evoluciona sobre o suceso coma nun trávelin ata a imaxe final, na que o inspector Alaín exam...
    En stock

    17,30 €

  • DEIXÁDENOS REMAR
    CABALEIRO, ANA
    A vida nun modesto arrabalde vese trastornada coa construción dunha flamante urbanización de chalés acaroados. A medida que as vivendas se venden e os novos veciños se van asentando, o muro exterior da urbanización transfórmase en fronteira e o microcosmos do barrio acaba por se dividir en dous bandos. Mais non se trata dunha rivalidade polo territorio, senón da colisió...
    En stock

    17,30 €

  • OS SEGREDOS DE TERESA
    GUZMAN, OSCAR M.
    En stock

    16,00 €

  • A ESFERA CELESTE
    JALONEN, OLLI
    Ambientada na década de 1680, nos albores da Ilustración, a ciencia e a fe enfróntanse nesta emotiva historia. Angus é un campesiño de sete anos que vive coa súa nai e coa súa irmá na illa atlántica de Santa Helena, pertencente ao reino británico e dominada por un despótico gobernador. Ninguén na aldea quere a esta familia, que só conta coa protección do reverendo...
    En stock

    18,00 €

  • A VIAXE XEOMÉTRICA DE DOMINGO FONTÁN
    ALBERTO FORTES
    Cando estudante , Domingo Fontán (1788-1899) asistira durante dous cursos ás aulas de metemáticas sublimes que na Universidade de Santiago impartía o profesor lalinense Xosé Rodríguez , quen co tempo sería coñecido coma o matemático de Bermés , e alí coñeceu as miudezas da triangulación xeodésica empregada para a medición da meridiana dende Barcelona até Forment...
    En stock

    17,95 €

Otros libros del autor

  • A BARCELONESA
    PAZ, XABIER
    En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos. Nesta novela tan persoal, Xabier Paz reconstrúe, coa súa habitual vocación estilística, os case cen anos de tensión ...
    En stock

    18,30 €

  • GALILEO NO ESPELLO DA NOITE
    PAZ, XABIER
    En breve (el pedido puede demorarse)

    19,30 €

  • ANÍBAL E A PINTORA
    PAZ, XABIER
    Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintora Artemisia Gentileschi, artista descuberta a partir dun lenzo atopado en Internet. Un mangado de libros e medio cento de ruíns reproducións de cadros serán os materiais para fundar unha estraña relación que rematará por mirrar o esforz...
    No disponible en este momento

    20,00 €

  • AS VIDAS DE NITO
    PAZ, XABIER
    Casiano Cendán Rocha, un home de idade que vive nunha residencia, fai memoria da súa vida a través das conversas coa súa neta Aldara, que remexe nel os sedimentos máis íntimos. Canto importa o corpo? Que lle sucede a un neno que non medra como é debido? Para Casiano, durante a infancia e a puberdade, o seu corpo foi fonte de desacougo e estrañeza. Logo, xa adulto, a sú...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    21,70 €

  • RENACER
    PAZ, XABIER
    Despois da morte do pornógrafo Aretino, a súa filla Adria navega pola súa intimidade, esculca no seu interior na procura de verdade acerca do pai, amante, xuíz e verdugo que marcou a súa existencia dende o afastamento convertido en fantasía permanente. O canon da época, as diferentes concepcións pictóricas e literarias da Venecia do século XVI proxéctanse sobre os pe...
    No disponible en este momento

    20,20 €

  • MATERIA DE LUCRECIO
    PAZ, XABIER
    Materia de Lucrecio de Xabier Paz é un poemario concibido na tradición de pensamento liberador e cívico, amecendo a visión filosófica e científica coa poética: un libro que constitúe unha reflexión sobre a orixe e o devir do Cosmos, sobre a existencia e o coñecemento humanos neste desolado pórtico do século XXI. A emoción e a estrañeza do vivir ven suxeita pola r...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    15,10 €