A CLASE

A CLASE

BÉGAUDEAU, FRANÇOIS

19,80 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.A.
Año de edición:
2009
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-9782-942-7
Páginas:
256
Encuadernación:
Rústica
Colección:
Narrativa

"Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba."
Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a película homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008.

Artículos relacionados

Otros libros del autor

  • LA CLASE
    BÉGAUDEAU, FRANÇOIS
    No disponible en este momento

    7,95 €

  • LA CLASE
    BÉGAUDEAU, FRANÇOIS
    Tras el éxito conseguido en Francia, la novela de Bégaudeau ha sido llevada a la gran pantalla de la mano del director francès Lauren Cantet: «Me interesa mucho este microcosmos, lo que pasa entre esas cuatro paredes del interior de un aula. El libro de Francois Bégaudeau me aportó la visión de ese mundo desde dentro».François y los demás profesores se preparan para e...
    En breve (el pedido puede demorarse)

    18,00 €