...DISTANCIAS...

...DISTANCIAS...

YÁÑEZ, PACO

15,00 €
IVA incluido
No disponible en este momento
Editorial:
BAÍA EDICIÓNS
Año de edición:
2008
Materia
Narrativa en galego
ISBN:
978-84-96893-59-7
Páginas:
224
Encuadernación:
Otros
Colección:
BAIA NARRATIVA

Primeira novela de Paco Yáñez, ...distancias... é un camiño aberto ao noso propio corazón a través do percorrido vital dun mestre destinado a unha pequena escola da Costa Morte; un exilio interior que o irá separando de todo o mundo no que asentara a súa vida, e cuxa ausencia irá provocando que os lazos e as raíces coas que nos conectamos á nosa existencia vaian secando nel por mor da separación, ao tempo que lle obrigan a buscar refuxio noutras realidades que, quizais, poidan resultar insuficientes ante o baleiro que depara a soidade. Redactada a camiño entre o diario, a novela e mais o ensaio, ...distancias... propón unha reflexión profunda sobre o valor e o sentido da arte e da cultura na conformación da nosa persoa; un valor que entra en crise cando a nosa identidade sofre un continuado distanciamento físico e psicolóxico dos paraísos perdidos, pero que sempre ofrece un espello no que nos poder observar a través da longa experiencia de séculos da humanidade no recoñecemento de si mesma, na procura da comprensión do que fomos, somos ou criamos ser.

Artículos relacionados

  • O MESTRE DE QUIROZA
    VARELA BUELA, JOSE
    En stock

    15,00 €

  • OBABAKOAK
    ATXAGA, BERNARDO
    «Obabakoak» transporta as lectoras e os lectores ao territorio atemporal dos soños e da imaxinación, onde o extraordinario e o cotián abalan nunha difusa fronteira. Obaba non existe, non está en ningún mapa; é un lugar máxico, mítico e cheo de supersticións, pero axiña se atopa un emprazamento para os 26 relatos dos que consta. Realismo fantástico o desta obra base...
    En stock

    20,00 €

  • REMUÍÑO DE SOMBRAS
    NEIRA VILAS, XOSE
    Presenta a imaxe colectiva da comunidade galega de Buenos Aires.Novela que reconstrúe unha xeira histórica da diáspora dos galegos.Despois da historia dun home na emigración que é Camiño bretemoso, Neira Vilas ofrécenos a novela da emigración no seu conxunto, “composta cunha técnica de parqué”, en palabras de Basilio Losada. Vidas cuns camiños que se encerellan, le...
    En stock

    12,00 €

  • OITO DIAS SEN EVA CORTES
    VILA ALONSO, SARA
    A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha información morbosa, aínda que A...
    En stock

    15,20 €

  • OBRA REUNIDA
    GOMEZ TATO, SANTIAGO
    En stock

    18,00 €

  • PÉREZ. HISTORIA DUN TRIUNFO
    PEROZO PORTEIRO, LLERENA
    Sen afastarse nunca do sentido do humor, apelando sempre á falibilidade humana e á empatía, a autora condúcenos nun relato áxil a través de vidas entrecruzadas. Un home de pro, machista militante e con éxito social, unha esposa sometida, unha nai rebelde, dúas migrantes vítimas do mundo da prostitución, outras dúas mulleres procedentes do rural abocadas ao servizo e ...
    En stock

    17,50 €