Búsqueda de Editorial : EDITORIAL HUGIN E MUNIN

92 resultados

EDITORIAL HUGIN E MUNIN Eliminar filtro Quitar filtros
  • A CASA DO PAI
    KARMELE JAIO (ISAAC XUBÍN TR.)
    Jasone e Ismael son unha parella que arrastra certa crise dende que as fillas abandonaron a casa familiar. El, escritor, pasa por un momento de bloqueo creativo que cadra coa responsabilidade de ter que coidar do pai namentres a nai está ingresada, o cal provoca que agromen recordos traumáticos que derivan na reinterpretación da vida familiar. Jasone, pola súa banda, fai ba...
    En stock

    16,50 €

  • A NOSA NEGRA
    WILSON, HARRIET E.
    A nosa Negra, publicada orixinalmente en 1859, é unha das primeiras novelas da literatura estadounidense escrita por unha afroamericana.Limítrofe coa crónica autobiográ?ca, a obra narra a crúa vida de Frado, unha muller negra libre que, malia se criar nun estado non escravista do norte, foi vítima do racismo imperante; entronca, polo tanto, coa coñecida como narrativa da...
    En stock

    14,00 €

  • MORREREI OUTRO DÍA
    ISABELLE ALONSO
    O destemido Ángel Alcalá Llach ofrécenos a crónica do seu percorrido vital, dende a súa nacenza até acabada a guerra civil. Nado en Valencia na década de 1920, no seo dunha familia de ideas liberais, igualitarias e anticlericais, axiña vive en Madrid o tempo de entusiasmo e esperanza reinante nos prolegómenos da proclamación da II República, cuxa chegada celebra. Xa ...
    En stock

    15,00 €

  • APROPIACIÓN INDEBIDA
    ANDERSSON, LENA
    Apropiación indebida: unha novela sobre o amor supuxo un auténtico fenómeno editorial en Suecia. No suxestivo escenario dun Estocolmo que irá mudando co paso das estacións, a douta ensaísta Ester Nilsson principia unha relación non sempre clara co artista Hugo Rask a partir dunha conferencia que imparte sobre a súa obra. Con tal premisa, e por medio dos actos e das eluc...
    En stock

    15,00 €

  • A IMPACIENCIA DO CORAZON
    STEFAN ZWEIG
    A impaciencia do corazón é unha das derradeiras obras de Zweig publicadas en vida do autor (1939), a súa novela máis longa e, por múltiples motivos, un dos textos de ficción que mellor aborda o tema da compaixón alén do sentimentalismo e das connotacións relixiosas. En 1914, no declive do Imperio austrohúngaro, nun ambiente de preguerra, o tenente Hofmiller é convida...
    En stock

    19,00 €

  • NÓS
    ZAMIATIN, EVGENII
    Evgenii Zamiatin escribiu esta novela nutricia da ciencia ficción distópica entre 1919 e 1921. Porén, debido á censura soviética –suprimida en 1988–, o autor non puido vela publicada na súa lingua orixinal e tivo que se conformar coa tradución ao inglés na editorial norteamericana Dutton, en 1924. Sucederíanse entón as traducións, tanto dende o manuscrito ruso (ao ...
    En stock

    16,00 €

  • UNHA MULLER PERDIDA
    CATHER, WILLA
    Unha muller perdida, novela publicada orixinalmente en lingua inglesa no ano 1923, ten como protagonista a suxestiva Marian Forrester, que Willa Cather, gañadora dun premio Pulitzer, presenta a través da voz narrativa e da mirada fascinada e esperta de Niel Herbert dende cativo. A historia, enriquecida cun fato de personaxes perfilados con habelencia –como o capitán Forrest...
    En stock

    15,00 €

  • O XOGO DAS CADEIRAS
    ALBERDI, UXUE
    O xogo das cadeiras é unha novela de carácter intimista que, a través dos testemuños de varias mulleres –Martiña, Teresa e Eulali, eixes que sosteñen a narración–, indaga nas engrenaxes da memoria. O pasado, que abrangue dende a primeira infancia até case os intres finais da vida, ten pois un peso capital, en tanto que arquivo de experiencias e lembranzas dos distinto...
    En stock

    14,50 €

  • OS SALGUEIROS
    BLACKWOOD, ALGERNON
    Os salgueiros, publicado en 1907 como parte da colección The Listener and Other Stories, é, en palabras de H. P. Lovecraft, «o mellor relato sobrenatural xamais escrito» e «conforma en por si unha categoría especial da literatura espectral». Dous aventureiros –o narrador e mais o sueco– emprenden unha viaxe en canoa polo maxestoso río Danubio que nun momento dado os l...
    En stock

    11,50 €

  • DETRÁS DA MÁSCARA
    ALCOTT, LOUISA MAY
    Detrás da máscara: o poder dunha muller publicouse por vez primeira en 1866 nas páxinas literarias do semanario de noticias de Boston The Flag of Our Union. Así a todo, non sería até un século máis tarde cando acadase a posición de privilexio que hoxe ten no conxunto da obra de Alcott. En 1975, unha editora independente neoiorquina e experta en Alcott, Madeleine B. Ste...
    En stock

    15,00 €

  • COLLEITA VERMELLA
    HAMMETT, DASHIELL
    Colleita vermella publicouse por vez primeira nos Estados Unidos de América en 1929. Trátase dunha obra pioneira do xénero negro, hoxe considerada pola crítica como unha das mellores novelas en lingua inglesa do século XX. Para amantes do hard-boiled, é de lectura inescusable: porque serve de modelo para a multitude de obras pulp que virían despois (non só na literatura...
    En stock

    16,00 €

  • FOSCA
    TARCHETTI, IGINO UGO
    Fosca, asinada por Igino Ugo Tarchetti aínda que concluída por Salvatore Farina, editouse por entregas en Il Pungolo en 1869, ano no que tamén foi recollida en volume exento.Tarchetti foi o primeiro escritor italiano en utilizar un caso de histeria como centro para unha novela; Fosca naceu tras a experiencia dun dobre amor que el mesmo vivira. En 1863, en Varese, mantivo unh...
    En stock

    12,00 €

  • A INDUSTRIA DO SEXO E DO PEIXE EMPANADO
    PIERRAT, EMMANUEL
    Cansas da precariedade do seu oficio de pescadoras e limita-das por unha sexualidade vilega con escasas alternativas, as xemelgas bretoas Gaëlle e Gwenaëlle, con dezaoito anos acabados de facer, acordan viaxar a París co obxectivo de se internaren nas prácticas sexuais da modernidade. Será Yann, un seu curmán afastado, o que se encargue de lles facer de cicerone polos má...
    En stock

    10,00 €

  • A ASASINA
    PAPADIAMANDIS, ALEXANDROS
    Unha pequena illa grega, Skiathos, e unha muller de sesenta anos, Khadula, son os dous piares sobre os que Alexandros Papadiamandis asenta a súa desconcertante novela A asasina, unha obra publicada orixinalmente en 1903 que a día de hoxe é considerada de forma unánime pola crítica unha obra mestra das letras gregas. A novela móstranos unha sociedade pobre, ensumida na pen...
    En stock

    15,00 €

  • SERVIZO DE CORREOS
    BUKOWSKI, CHARLES
    Henry Chinaski, alter ego do autor, é un tipo peculiar que consegue traballo como carteiro do Servizo Postal dos Estados Unidos, máis concretamente nunha estafeta de Los Angeles. Isto representará para el, máis que nada, desventuras, rifas e os berros irados dos seus superiores. Non obstante, Chinaski segue ao seu: o alcohol, as mulleres e mais as visitas ao hipódromo. Ent...
    En stock

    16,50 €

  • O FORASTEIRO MISTERIOSO
    TWAIN, MARK
    A finais do século XVI, nunha aldea de Austria, tres rapaces baten cun misterioso forasteiro que se presenta como Satanás. Axiña xorde entre os catro un certo vínculo de familiaridade, e os tres aldeáns observan abraiados como o seu novo compañeiro demostra ter capacidade abonda para influír naquilo que se propoña, o cal xera non poucos conflitos. O caos moral é consid...
    En stock

    14,75 €

  • A EDUCACIÓN SENTIMENTAL
    GUSTAVE FLAUBERT (ISABEL SOTO TR.)
    ISABEL SOTOA educación sentimental publicouse en dous volumes en 1869 e nela Flaubert quixo retratar, a partir da súa experiencia persoal e a dos seus amigos, a historia moral e sentimental da súa xeración. Deste xeito, fusiona as regras da novela histórica coas do realismo para abordar en tres partes os feitos acaecidos entre 1840 e 1868, ao tempo que reinventa a novela d...
    En stock

    21,00 €

  • LUCEIRO DA MAÑÁ
    NEGRI, ADA
    Luceiro da mañá publicouse en 1921 e deseguida contou co aplauso de crítica e público, talvez por recoñecer na obra a fidelidade ao xénero autobiográfico característico da autora e pola súa aposta formal, cunha estrutura fragmentaria e lírica.Ada Negri baséase en feitos da súa infancia e adolescencia para construír un relato de formación que, escrito en terceira p...
    En stock

    14,50 €

  • TROMPETA
    KAY, JACKIE
    Ao falecer Joss Moody, célebre trompetista de jazz, desvélase un aspecto da súa vida que permanecera alleo á ollada pública. Así, mentres que a súa viúva, Millicent, se refuxia na aldea escocesa de Torr, onde se aferra aos recordos da súa relación, o fillo, Colman, acolle o achado con irado desconcerto. Estes e outros personaxes, amais da intrusiva xornalista Sophie S...
    En stock

    16,50 €

  • NOVENTA ANOS DESPOIS
    GLIŠIC, MILOVAN
    Nunha pequena aldea serbia, Radojka, a filla do kmet Živan Dušman, está en tratos cun mozo, Strahinja. Porén, o amor que xorde entre ambos non abonda para que o pai dela acepte dala en matrimonio. A raíz desa negativa, o home novo marcha ver mundo e axiña sabe que na aldea veciña teñen un serio problema coa xestión do muíño, pois, un tras outro, aqueles que ocupan o ...
    En stock

    7,00 €

  • AS GRATITUDES
    DELPHINE DE VIGAN
    En stock

    15,00 €

  • O CRIME DE PSICHIKO
    PAVLOS NIRVANAS
    En stock

    15,00 €

  • CARTOS
    VICTORIA BENEDICTSSON
    En stock

    16,50 €

  • O NENO PERDIDO
    THOMAS WOLFE
    En stock

    14,00 €

  • OS TARDEIROS
    ANITA BROOKNER
    En stock

    15,00 €

  • O SOLTEIRÓN
    STIFTER, ADALBERT
    En stock

    15,00 €

  • PEQUENA INGLATERRA
    IONNA KARISTIANI
    En stock

    16,50 €

  • JUDE O ESCURO
    THOMAS HARDY
    En stock

    17,00 €

  • AS IRMÁS BUNNER
    EDITH WHARTON
    En stock

    15,00 €

  • O OBRADOIRO DE VIDRO
    MENIS KOUMANTAREAS
    En stock

    15,00 €


01 02 03 04 »