Búsqueda de Editorial : AIRA

66 resultados

  • BREO
    NARLA, FRANCISCO
    Breo é só un neno cando un ataque a traizón arrasa o castro de Lagouzos onde era xefe o seu pai. El foi o único que se salvou. Os que non morreron foron escravizados nas inmensas minas de ouro que alimentan os delirantes soños do emperador Nerón. O Imperio Romano chegou a Gallaecia disque para edificar pontes e calzadas, mais tamén a destrución: da terra e dos vellos co...
    En stock

    23,50 €

  • OS ESTRAÑOS
    GARRIGASAIT, RAÜL
    Un mozo prusiano de boa familia e coa cabeza máis na música ca no mundo real, chega no ano 1837 a Solsona, en Catalunya, para loitar a prol do pretendente Carlos de Borbón, a prol da Orde na guerra contra o liberalismo da raíña María Cristina. Mais nada do que atopa é como el pensaba, e en vez da mística bélica vai atopar a amizade, a compaixón, se cadra un amor co qu...
    En stock

    18,00 €

  • A ESTIRPE DO ARCANXO
    REY, NATI
    Maia ten 17 anos, adora os libros antigos e sempre anda á pelexa coa súa melena loura e riza. A súa vida vai mudar cando descobre que está a nacer nela un novo e descoñecido poder. Novas figuras e forzas ancestrais porán a proba a súa resistencia e o seu corazón. Novela xuvenil de fantasía cotiá, protagonizada por unha personaxe inesquecible. Chea de humor, aventuras ...
    En stock

    19,95 €

  • AS ALAS DA SERPE
    MARIÑO, SOL
    As alas da serpe é un conxunto de poemas sobre a experiencia, a lembranza e a fascinación. Unha ollada cálida que converte o exótico en familiar, que repara no que ninguén ve ou pretende ignorar. A celebración dun encontro talvez imprevisto talvez predestinado entre xeitos de abrazarse á vida que parecen moi distantes só na aparencia xeográfica. ...
    En stock

    16,00 €

  • OS LOBARIÑAS FEIXOO
    RAMOS RODRÍGUEZ, PERFECTO
    Gregorio Lobariñas Feixoo é unha das figuras máis descoñecidas e atractivas da nosa historia cultural. Este inquisidor de Crecente escribiu As Galegadas, de a cabalo entre os séculos XVI e XVIII, obra hoxe perdida, mais escrita en lingua galega en plenos Séculos Escuros. Antonio Jacinto Lobariñas Feixoo, un dos seus parentes, nacido en Filgueira (Crecente) no século XVI...
    En stock

    19,95 €

  • HISTORIA VISUAL DO RC CELTA (1923-2023)
    LORENZO GIL, CÉSAR / CAMPOS SÁNCHEZ, JORGE
    O Celta fai cen anos. Cen anos de goles, de bágoas, de sorrisos, de unión. Con este libro descubrirás os momentos e as persoas que fixeron posible esta fazaña. ...
    En stock

    19,95 €

  • A PARTE DOS ANXOS
    PEDREIRA, EMMA
    Belas criaturas no transo da morte. Humor e terror abrazados nun melancólico tango. Esta colección de relatos de Emma Pedreira e Carlos Lago detense no derradeiro alento para converter o inesperado, o incómodo, o arrepiante... en literatura, en beleza. ...
    En stock

    19,95 €

  • AIRES DE POESÍA
    DOMINGUEZ ALBERTE, XOAN CARLOS
    A Terra de Celanova é berce e refuxio de grandes poetas. Esta antoloxía reúne e fai cómplices entres si unha boa presada deles e delas. Forman parte desta escolma obras relevantes de: Anxo Angueira, Manuel Curros Enríquez, Suso Díaz, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Castor Elices, Henrique Feixó, Celso Emilio Ferreiro, Castor Méndez, Xosé Luís Méndez Ferrín, Oriana ...
    En stock

    16,00 €

  • BIGOTE DE TRES PELOS
    DOALLO, RITA
    Que está a pasar na cara do Avó Luís Vaites!, os tres pelos do seu bigote comezaron unha protesta. Teñen unha lista de demandas e todo. En que acabará todo isto ...
    En stock

    14,00 €

  • A INMORAL DOUTORA CONS
    ROBERTO FERNÁNDEZ ÁLVAREZ
    O Golpe, xa ancián, recorda a súa adolescencia, na década do 1940 en Pazos de Arenteiro. O tempo que compartiu coa doutora África Cons cando ela chegou para cubrir unha vacante de médica e tivo que enfrontarse á hostilidade das forzas vivas do lugar. Retrato vívido dunha época da Galicia rural que xa se extinguiu. A tensión entre tradición e progreso a través da Medi...
    En stock

    21,90 €

  • AGORA QUE CALA A NOITE
    PEDROSA, ELBA
    Voces de mulleres que berran, que se expresan, que se queixan e que se liberan. Voces que lle plantan cara á violencia machista en todas as súas facetas e que reclaman protagonizar as súas propias vidas. Elba Pedrosa tece nos tres relatos que se entrecruzan en Agora que cala a noite unha narración viva, directa e actual. ...
    En stock

    17,00 €

  • NADA DO OUTRO MUNDO
    CARIDE, RAMÓN
    Ramón Caride válese do seu inseparable Darío Gancedo para poñer en orde a súa traxectoria narrativa no formato curto dunha forma moi orixinal. Nada do outro mundo é unha antoloxía de quince relatos (un deles inédito) que se acompañan dun comentario crítico e biográfico que converte este libro en rastro e testemuño da ampla traxectoria dun dos autores máis lidos dos...
    En stock

    19,95 €

  • GAZAFELLOS 2
    FON BARREIRO
    Velaquí o segundo volume da serie de banda deseñada infantil máis divertida. Os Gazafellos están de volta cunha chea de aventuras inesquecibles. Tami, Fede, Mauro e Tiago coñecerán novas personaxes fantásticas e vivirán situacións moi gazafellas. ...
    En stock

    15,00 €

  • ANIMAIS MÍTICOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO
    LORENZO GIL, CÉSAR / CAMPOS SÁNCHEZ, JORGE
    Sabías que hai animais que habitan unicamente na imaxinación? Durante moitos séculos seres míticos espertaron a fascinación e o arrepío de moitas civilizacións. Aínda hoxe permanecen vivos en relatos e obras de arte. Con este libro coñecerás algunhas destas criaturas fabulosas e por que están relacionadas cos diferentes roteiros cara a Santiago de Compostela. Dos cre...
    En stock

    16,00 €

  • O RELATO DE ARTHUR GORDON PYM
    ALLAN POE, EDGAR
    A única novela que escribiu Edgar Allan Poe é moito máis ca unha historia de aventuras no mar. O autor estadounidense domina as técnicas narrativas, o deseño dos personaxes, a lingua propia do mundo do mar. É un tratado de literatura, de xeografía, de botánica, unha porta aberta a un mundo que parece realista, mais que está atravesado polo fantástico. ...
    En stock

    29,90 €

  • APRENDER A FALAR COAS PLANTAS
    ORRIOLS, MARTA
    Esta historia comeza o día que Paula Cid, unha neonatóloga de corenta e dous anos, perde a parella nun accidente de tráfico, só unhas horas despois de que el lle comunicara que estaba namorado doutra muller e ía marchar da casa. Paula non só terá que superar o dó, senón tamén o rancor. Aprender a falar coas plantas foi a primeira novela de Marta Orriols, coa que deco...
    En stock

    19,95 €

  • TEORÍAS DO FIN
    SEIJAS, ANTONIO
    XXXVII PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE Dámosche a benvida ao final do mundo que coñeces. Non á fin senón ao fin, porque a nova fase que virá terá o seu particular propósito, as súas propias arelas e soños. Antonio Seijas debuta como poeta con este libro no que amosa unha gran capacidade para crear imaxes e ambientes que superan a mirada cotiá sobre o que nos arrod...
    En stock

    13,00 €

  • MARÍA CASARES
    ESTÉVEZ LAVANDEIRA, ARANCHA
    María Victoria Casares Pérez é unha das figuras máis destacadas do século XX e malia todo aínda segue a ser unha descoñecida. Como unha nena «ben» da Coruña, filla dun ministro republicano, acabou por ser unha das grandes actrices de Francia? Por que escolleu para si a cicatriz de exiliada, refuxiada, e nunca volveu a Galicia? Arancha Estévez escribe esta precisa e ...
    En stock

    19,95 €

  • LA NIÑA DEL VESTIDO DE FLORES
    FONTEMOURA, MANUEL
    Dania Vitoria es una niña de once años con dos ojos, dos piernas, dos brazos, una cabeza, vaya, lo normal. ¿Pero quién quiere ser normal Dania Vitoria también es una niña Asperger. ¿Asperger ¡Vaya palabra tan rara y tan mal entendida! Esta es la historia de una niña dotada de una gran imaginación para la que todos los días tienen su propia aventura. Una novela tierna...
    En stock

    15,00 €

  • HISTORIA DA GALICIA PEQUENIÑA
    LORENZO GIL, CÉSAR / CAMPOS SÁNCHEZ, JORGE
    O pasado de Galicia como nunca cho contaron. Mapas, obxectos, acontecementos e personaxes para que nos coñezamos mellor. Dos autores do Atlas da Galicia pequeniña. ...
    En stock

    19,95 €

  • POESÍA COMPLETA ANOTADA
    KAVAFIS, KONSTANDINOS
    Os poemas de Konstandinos Kavafis están considerados entre os máis fermosos nunca escritos. A capacidade de evocar tempos pasados xunto coa precisa ollada sobre os grandes temas da Humanidade continúa atraendo admiradores, especialmente entre o lectorado máis novo. Por primeira en vez en galego publícase a súa Poesía completa anotada con detalles e explicacións sobre c...
    En stock

    24,90 €

  • FRANKENSTEIN OU O PROMETEO MODERNO
    SHELLEY, MARY
    Subtitulado O Prometeo Moderno. Versión inédita en galego da edición do 1818 (considerada canónica) deste clásico da literatura inglesa. Edición de luxo dentro da colección ‘Clásicos Ilustrados en galego’, con ilustracións de Miguel Robledo e tradución de Samuel Solleiro. Considerada a primeira novela de ciencia ficción, a obra de Shelley segue a ser unha obra ...
    En stock

    17,00 €

  • HEIDI
    SPYRI, JOANNA
    O toutizo do Metiu do Alpe, o veciño do que ninguén quere saber, vai ter que tomar conta da súa neta orfa, Heidi. A chegada da cativa á cabana do avó cambiará para sempre a súa vida. Chega á colección ‘Clásicos ilustrados' unha novela inesquecible, un clásico da literatura alemá, un tesouro da cultura suíza. Unha reinvidación da vida sinxela, un canto de gratitud...
    En stock

    32,90 €

  • O NOME DA ROSA
    ECO, UMBERTO
    Por fin en galego a obra mestra de Umberto Eco. A novela detectivesca medieval que engaiola lectores desde o 1980. Guillerme de Baskerville e Adso falan coma nós nesta marabillosa aventura sobre libros, crimes e as marabillas da Europa medieval. Corre o mes de novembro do 1327. Dous viaxeiros chegan á máis famosa abadía beneditina do norte de Italia no medio de grandes conf...
    En stock

    35,00 €

  • REBOIRAS
    PEREIRO, XOSÉ MANUEL / MARTÍNEZ GONZÁLEZ, XURXO
    Xosé Ramón Reboiras Noia é moito máis ca Moncho Reboiras, unha imaxe nun cartaz ou nun valado. Unha persoa por riba dun mito. Un dos grandes dirixentes políticos do nacionalismo a quen o franquismo lle arrebatou a mocidade, o entusiasmo e a rebeldía en agosto do 1975.Neste libro, historico e xornalístico, Xosé Manuel Pereiro e Xurxo Martínez González, danlles voz aos ...
    En stock

    19,95 €

  • O QUE A MAREA ESCONDE
    ORUÑA, MARÍA
    Todo está pronto para a festa de homenaxe ao ex tenista Basil Rallis a bordo da goleta La Giralda, nas fermosas augas da baía de Santander cando a organizadora, a arrebatadora Judith Pombo, aparece morta encerrada no seu camarote. Todos os invitados pasan a ser sospeitosos nun caso de asasinato aparentemente imposible.María Oruña homenaxea as novelas de «cuarto pechado» n...
    En stock

    20,90 €

  • UNHA NOITE NO TREN DA VÍA LÁCTEA
    MIYAZAWA, KENJI
    Por fin a famosísima obra literaria de Kenji Miyazawa se publica en galego. Neste volume, traducido por Gabriel Álvarez e ilustrado por Miguel Robledo, inclúense sete dos seus relatos máis coñecidos: ‘Unha noite no tren da Vía Láctea’, ‘A estrela da avenoiteira’, ‘A araña, a lesma e o tanuki’, ‘A oficina dos gatos’, ‘Orbel e o elefante’, Matasaburó, o do vent...
    En stock

    27,90 €

  • MADIALEVA
    MOREIRAS, ANA
    Quen foron as mulleres galegas que cosían a roupa que conquistou o mundo?Que soños gardaron os emigrantes que deixaron a aldea na procura de prosperidade?Unha novela gráfica sobre as voces baixas da nosa historia recenteMadialeva é o primeiro título da colección ‘Mulleres Ilustradoras’, que propón banda deseñada con perspectiva de xénero. ...
    En stock

    19,95 €

  • A NENA DO VESTIDO DE FLORES
    FONTEMOURA, MANUEL
    Dania Vitoria é unha nena de once anos con dous ollos, dúas pernas, dous brazos, unha cabeza… vaia, o normal. Mais quen quere ser normal? Dania Vitoria é tamén unha nena Asperger. Asperger? Vaia palabra tan rara e tan mal entendida!Velaquí a historia dunha nena dotada dunha grande imaxinación para quen todos os días teñen a súa propia aventura.Unha novela tenra e chea...
    En stock

    15,00 €

  • O SOUTO DOS CATRO VENTOS
    ORUÑA, MARÍA
    No evocador souto dos catro ventos do antigo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil aparece morto un home vestido como un monxe bieito. Como é posible, se os frades abandonaron aquel lugar no século XIX?Jon Bécquer, un detective de obras de arte que está a descubrir as marabillas da Ribeira Sacra, tomará moi a peito descubrir que hai de certo na lenda dos nove aneis de S...
    En stock

    20,90 €


01 02 03 »